Os días 21 e 23 de febreiro de 2026 impartimos MooVi exprés: domina a plataforma en 8 horas no marco do programa de formación permanente de profesorado da Universidade de Vigo. O curso tivo unha excelente acollida grazas ao seu enfoque eminentemente práctico. Nun ambiente dinámico e próximo, profesorado de distintos ámbitos e xeracións compartiu experiencias mentres aprendía a sacar partido a MooVi, o portal de teledocencia da Universidade de Vigo. Unha formación breve, intensa e moi ben valorada polas persoas participantes.
27/01/2026
Curso
Antonio Fernández
A ciencia que vén ten nome de muller
O 30 de maio de 2025 Paula Diz estivo dando a coñecer a utilidade dos foraminíferos para a comprensión da historia dos océanos nun espazo expositivo da feira científica A ciencia que vén ten nome de muller, no marco do proxecto Ciencia de ida e volta.
30/05/2025
Feira
Antonio Fernández
Aula Virtual Ricardo Mella
Hoxe vivimos unha enriquecedora experiencia no IES Ricardo Mella, onde por invitación da dirección do centro impartimos o curso de formación do profesorado “Moodle para docentes”.
O 20 de xuño de 2024 pasamos unha tarde estupenda no IES A Guía, onde impartimos o curso de formación do profesorado “Creación de recursos educativos dixitais para a plataforma EVA Abalar” e gozamos do ambiente de profesionalidade e compañeirismo do centro.
06/06/2024
Curso
Antonio Fernández
II XDVU
Participei nas II Xornadas de Docencia Virtual Universitaria grazas á amable invitación do organizador do evento, o profesor Xosé María Mahou Lago, que me brindou a oportunidade de realizar un breve relatorio na mesa redonda “Como incentivar a participación e motivación do alumnado virtual mediante o uso de metodoloxías de innovación docente” e intervir no coloquio posterior.
Virtualia obtivo unha subvención para financiar a creación deste sitio web no marco da Convocatoria de axudas económicas para as actividades dos GID 2024.
03/05/2024
Proxecto
Antonio Fernández
Python avanzado para Teleco
O Departamento de Teoría do Sinal e Comunicacións da Universidade de Vigo pediume que imparta un novo curso de formación de profesorado, concretamente “Python avanzado no ámbito da Enxeñería de Telecomunicación”.
16/07/2021
Curso
Antonio Fernández
Python para Teleco (2ª edición)
O Departamento de Teoría do Sinal e Comunicacións da Universidade de Vigo convidoume a impartir unha segunda edición do curso de formación docente “Python para a docencia no ámbito da Enxeñaría de Telecomunicacións”.
08/06/2021
Curso
Antonio Fernández
Descubrindo Moodle
Por invitación da Área de Innovación Educativa da Universidade de Vigo impartín o curso Descubrindo Moodle: creación dun curso virtual paso a paso. Esta acción formativa tivo como obxectivo guiar ao profesorado nas diferentes fases do proceso de creación dun curso virtual a través de Moodle e satisfacer así a necesidade de saber xestionar a aula virtual xurdida entre algúns docentes como consecuencia da pandemia do COVID-19.
31/07/2020
Curso
Antonio Fernández
Python para Teleco
Durante o mes de xaneiro impartín o curso “Python para a docencia no ámbito da Enxeñaría de Telecomunicacións”, destinado ao profesorado do Departamento de Teoría do Sinal e Comunicacións da Universidade de Vigo.